Abel Caballero pide “responsabilidade e distancia social” no regreso dos bañistas ás praias

O alcalde de Vigo solicitou aos bañistas que acoden ás praias de Vigo coa entrada en vigor da Fase 2 que respecten o distanciamento social para protexer a saúde. Ademais, o alcalde avanzou que as piscinas de Samil estarán pechadas este verán e tanto as cintas para marcar separacións como o socorrismo comezarán o 15 de xuño

“Desde este luns xa se permite o baño e a actividade física, pero hai que facelo con distancia social de dous metros e con sentido común”. O alcalde, Abel Caballero, pediu aos bañistas que teñan responsabilidade no regreso aos areais da cidade coa entrada en vigor da Fase 2.

O rexedor indicou que as praias xa están abertas, pero advertiu de que é necesario un distanciamento mínimo de dous metros para protexer a saúde das persoas. “Xa podemos usar as praias, xa están operativas, pero coa recomendación da distancia”, insistiu.

Ademais, indicou que o 15 de xuño comeza a temporada estival co servizo de socorrismo e todo o dispositivo que inclúe a Policía de Praia. Na mesma data porase en marcha o sistema de cintas de cores para respectar a separación nos dous grandes areais da cidade, Samil e O Vao. O alcalde tamén indicou que as piscinas de Samil estarán pechadas durante todo o verán.

Control de terrazas

No referente aos controis da Policía Local realizados este domingo para o cumprimento do decreto de alarma, Caballero apuntou que houbo revisións en 14 terrazas e non houbo ningunha denuncia. “Seguramente antes había algo de descoñecemento pero agora cúmprese a normativa”, sinalou.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.