Adxudicada a peonalización da rúa Quiroga Ballesteros de Lugo

Rubén Arroxo: “Trátase dun proxecto importante para o novo modelo de cidade no que a área de Mobilidade está a  traballar”

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, informou que a Xunta de Goberno de hoxe aprobou a adxudicación da peonalización da rúa Quiroga Ballesteros, entre a rúa Montevideo e Santo Domingo. “Trátase dun proxecto importante para o novo modelo de cidade no que estamos a traballar desde a área de Mobilidade”, afirmou Rubén Arroxo, que lembrou que “este 2020 está a ser o ano no que se vai transformar a mobilidade en Lugo”

O proxecto inclúe a renovación do saneamento, as instalacións eléctricas e o alumeado público, ademais da renovación de rexistros e o mobiliario urbano para a nova rúa peonil. A cuberta proposta no pasado non está incluída nesta actuación. A obra foi adxudicada á empresa Ovisa Pavimentos y Obras, cun orzamento de 732.000€, e ten un prazo de execución de 10 meses.

“A veciñanza de Lugo conta cun novo paseo ao redor da Muralla e con esta nova actuación, nun prazo de 10 meses, terán unha nova rúa peonil nunha das zonas máis importantes do centro da cidade”, afirmou Rubén Arroxo. Para o Tenente de Alcalde, “Lugo está a adiantarse ás medidas que a Dirección Xeral de Tráfico aprobará, encamiñadas a cidades con menos tráfico e maior ordenación deste”. Rubén Arroxo afirmou que “seguiremos traballando para gañar espazos para os peóns e a aplicar distintas medidas para o calmado do tráfico”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.