Adxudicadas as obras de restauración da igrexa de San Xoán de Portomarín

A Consellería de Cultura e Turismo vén de adxudicar as obras de restauración e reparación da igrexa de San Xoán de Portomarín, ás que destinará un investimento de 248.478 euros

A intervención, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, servirá para resolver problemas provocados pola filtración de humidades que se produce a través das cubertas e os sistemas de evacuación das augas de chuvia.

Tamén se traballará no aspecto do monumento, coa limpeza da fachada, a restauración das portadas escultóricas e da vidrería do rosetón principal, a mellora da iluminación e a ocultación da instalación eléctrica. Igualmente, vanse substituír as reixas entre as ameas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.