Allariz presentou as medidas de reactivación económica e social para o 2020

Reactivar Allariz dende o punto de vista económico e social é o obxectivo do plan presentado este xoves pola la Alcaldesa de Allariz, Cristina Cid e a Concelleira de Promoción Económica, Comercio e Turismo, María López

A primeira acción que se está a acometer é unha humanización en espazos públicos, para acondicionar estes á actividade comercial e persoal da cidadanía, facilitando a circulación de persoas e garantindo que se podan cumprir as medidas de distanciamento social. Esta humanización localízase na rúa Alarico e no Campo da Barreira, dúas zonas de gran afluencia comercial e de fluxo de persoas. Na rúa Alarico, limitando a circulación nunha dirección cun único vial para o tráfico rodado.

No Campo da Barreira gañouse espazo para uso para as persoas e para a calzada.

Outro gran paso que se vai a dar é a peonalización do Casco Histórico. Na actualidade o que se permite é a circulación no mesmo, non o aparcamento. Vaise a proceder  o cambio da sinalización do Casco Histórico e eliminarse a circulación de vehículos, soamente poderán acceder para carga e descarga, residentes ou vehículos autorizados.

Seguirase traballando a Marca Allariz, reforzando e intensificando as medidas que se estaban xa tomando, aumentando o valor do Casco Histórico e dinamizando o mesmo.

Ademais nace Allariz San, un selo que estará a disposición de todos os establecementos de municipio que se queiran acoller. Allariz San vai a garantir que ese establecemento cumpre todos os protocolos, non so os que marca o BOE, senon algún a maiores que se acordou co sector durante estes días.

Aplicaranse unhas normas e uns protocolos adaptados a cada sector, que garantirán que todos aqueles establecementos que se acollan a este selo, cumpran estes protocolos para manter o distintivo.

Outra novidade será a modificación do custe do chan do Parque Empresarial de Chorente, rebaixando as parcelas ata os 35€/m².

E outra das partes deste plan de reactivación será a reorganización das feiras en Allariz. As feiras en Allariz, hai anos estaban distribuídas por todo o pobo, e non concentradas nun só punto. O Concello de Allariz reactivará as feiras cun novo formato, que busca dinamizar a actividade comercial, redistribuíndoa por varios espazos de Allariz, dende a Barreira, Campo dos Brancos, Praza do Eiró, Alameda de San Bieito, Rúa Entrecercas, na zona de Santo Estevo e na Praza do Matadoiro.

Outra das novidades da Feira en Allariz será a data. Ata o de agora, a feira en Allariz celebrábase cada 1 e 15 de mes. Esta actividade pasará a celebrarse todos os sábados do ano, na que os feirantes encherán as rúas do Casco Histórico cos seus produtos. A data de inicio queda a espera de confirmación nos vindeiros días. Ademáis seguirá o Mercado da Reserva da Biosfera de Allariz aberto, polo que actividade comercial verase reforzada.

O Concello quere fortalecer a Marca Allariz, que tan bos resultados ten dado. Incrementar a capacidade de atracción de visitantes e asegurar que comercio, hostalería e cidadanía podan saír reforzados desta nova situación na que nos atopamos.

Cristina Cid, destacou “a boa sintonía e a lealdade” que os grupos da oposición mostraron antes estas novas medidas e agradece “a unanimidade”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

seis + 14 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.