Alternativa de Culleredo solicita “retomar de inmediato a actividade municipal presencialmente”

Alternativa dos Veciños de Culleredo insta ó Goberno do Concello a que, o máis axiña posible, poña en funcionamento as reunións e comisións dos órganos colexiados de maneira presencial. Eduardo Mourelle, voceiro desta formación política no municipio, manifesta que “unha vez aprobado polo goberno do Estado as fases de desescalada do COVID-19, urxe recuperar a normalidade no desenvolvemento da vida municipal”

O grupo municipal de Alternativa considera que deben retomarse todas as obrigas pendentes do Concello. O Goberno municipal ten sen aprobar importantes asuntos como os orzamentos, un documento necesario para o desenvolvemento do Concello que está pendente. Cuestións de tal importancia como esta, non se pode abordar a través de vídeo-conferencia sen reunir previamente as distintas comisións, informativas, de contas, voceiros, etc…

O Concello de Culleredo dispón de espazos para realizar reunións presenciais cumprindo con todas as normas de protección e seguridade determinadas polas autoridades sanitarias.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

quince + catorce =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.