Amplíase o prazo para solicitar as axudas da ARI no Conxunto Histórico de Tui

As persoas interesadas poden obter información na oficina do ARI por teléfono ou correo eléctrico

O Concello de Tui vai ampliar o prazo para solicitar as axudas da ARI, Área de Rehabilitación Integral do Conxunto Histórico, que rematou inicialmente este martes, 19 de maio. Tendo en conta a declaración do estado de alarma dende o Concello decidiuse ampliar este prazo, un proceso que está agora en tramitación administrativa, co obxectivo de que poida ser maior o número de persoas propietarias de inmobles nesta zona da cidade as que se poidan beneficiar destas axudas.

Nuns días darase a coñecer o novo prazo para a presentación de solicitudes, pero mentres tanto as persoas interesadas poden ampliar información e realizar as súas consultar no correo ari@tui.gal e os martes de 9 a 14 h no teléfono 986 60 362 5 ext 34. Tamén se pode ampliar a información e descargar os impresos de solicitude en www.tui.gal/gl/axudas-na-ari.

Esta axudas están reguladas polo Plan Estatal de Vivenda a través do convenio asinado entre o Ministerio de Fomento, a Xunta de Galicia e o Concello de Tui.

As actuacións subvencionables son as de mellora da eficiencia enerxética e sostenibilidade das vivendas unifamiliares e de tipoloxía residencial colectiva, incluídas as que se fagan no interior das súas vivendas (mellora envolvente térmica, novas instalacións…). Tamén se poden beneficiar das actuacións de conservación en xeral e de mellora da seguridade de uso e da accesibilidade. (instalación de ascensor, salvaescaleiras, ramplas, baños accesibles…). Tamén se poden beneficiar destas achegas a execución de obras ou traballos de mantemento e intervención nas vivendas unifamiliares e nos edificios, incluso no interior das vivendas, instalacións fixas, equipamento propio e elementos comúns.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

14 − ocho =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.