Amplíase o servizo de recollida de aceite de cociña usado ás parroquias de Tui

Hai un total de 23 colectores situados en distintos puntos do termo municipal

Un total de 23 colectores para a recollida de aceite de cociña usados son os que hai distribuídos ao longo do termo municipal de Tui. Nas últimas semanas este servizo estendeuse ás parroquias dotando destes colectores a Areas, Baldráns, Malvas, Pexegueiro, Rebordáns, Randufe, San Bartolomeu de Rebordáns, Caldelas, e Guillarei.  Quedan pendentes da instalación de contedores Paramos e Ribadelouro onde é preciso acometer unhas obras para a súa colocación.

En concreto en Areas ubicáronse dous contedores, un no Parque Empresarial, e outro a carón do Centro Cultural. En Baldráns o colector para a recollida do aceite de cociña usado está situado no entorno do centro cultural e da igrexa parroquial. En Malvas o novo colector está no grupo de contedores fronte á antiga escola, en Pexegueiro emprazouse no grupo de colectores existente fronte ao centro cultural, e en Rebordáns, fronte ao colexio. En Randufe situouse no grupo de colectores que hai na Guía. En Caldelas o colector de aceite está a carón do centro social e da estación de tren, e en Guillarei , onde xa había un contedor xunto ao colexio, colocouse un novo colector no Souto. Tamén habia xa un contedor no Anxo, en Pazos de Reis.

Cómpre lembrar que o aceite de cociña usado débese depositar sempre en envases plásticos no interior do colector.  Deste xeito dende o Concello de Tui séguese a manter a aposta pola reciclaxe do lixo que xeramos. No caso do aceite estímase que un litro pode chegar a contaminar mil litros de auga, de aí a importancia da súa reciclaxe, de depositalo nos colectores correspondentes e non botalo polo fregadeiro.

Na páxina web municipal, tui.gal, atópase un mapa coa situación dos distintos colectores para a recollida de aceite de cociña usado.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

19 − once =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.