Arbo licita a obra de mellora e ampliación do camiño de Esmoriz

O importe do contrato ascende a  123.544,75 € (IVE incluído do 21% que ascende a 21.441,65 €). As obras contan con financiación do 100% e serán licitadas a través da plataforma de contratación do Estado

O Concello de Arbo, ten concedida unha subvención no Plan Provincial de obras e servizos (Plan Concellos) 2020, dentro da Liña 1 – Investimentos, “MELLORA E AMPLIACIÓN CAMIÑO DE ESMORIZ, ARBO (PONTEVEDRA)” con destino ao financiamento do 100% do investimento que se orzamenta  no importe de   123.544,75 € (IVE incluído do 21% que ascende a 21.441,65 €).

Dada a ampla superficie do concello, e o gran número de estradas existentes, a tarefa de mantelas todas en perfecto estado é complicado, sendo necesaria proxectos de pavimentación que rexeneren completamente a rodadura en ditas estradas e que melloren a seguridade viaria coa optimización do trazado.

Mellorar as infraestruturas de comunicación municipais que serven de acceso a distintas localidades do municipio, co obxectivo de favorecer as condicións de transito e seguridade viario, e deste modo, proporcionar mellora calidade de vida aos habitantes, contribuír a evitar a  despoboación e fomentar a actividade económica.

Con este novo investimento na mellora de camiños rurais responde as peticións de agricultores e veciños e veciñas  da zona- Informa o alcalde do Concello de Arbo – A obras acométense  por mor do mal estado do camiño de Esmoriz  e tamén se pretende a mellora das infraestruturas vinculadas ao servizo de abastecemento e saneamento municipal, co fin de dar un mellor servizo aos seus habitantes, e así prevese a implantación da rede de saneamento que non existe en dito camiño de Esmoriz.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.