Arteixo modifica as restriccións horarias nos núcleos de menos de 5.000 habitantes

O Concello ven de editar un bando da alcaldía no que se modifican as restriccións horarias para saír a pasear ou facer deporte que rexían ata o de agora

Ademais das parroquias que non superan os 5.000 habitantes, isto é: Armentón, Barrañán, Chamín, Lañas, Larín, Loureda, Monteagudo, Morás, Sorrizo e Suevos.

Amplíase á parroquia de Pastoriza, a cal engloba, entre outras, varias poboacións como Pastoriza, Meicende, ou o Quinto Pino, que teñen entre elas o suficiente distanciamento xeográfico para que non presenten riscos engadidos para a súa poboación.

Tamén se amplía á parroquia de Oseiro, a cal igualmente engloba varias poboacións como Vilarrodís, Oseiro ou Rañobre, que se atopan na mesma situación que as anteriores.

E dentro da parroquia de Arteixo, non se aplicarán as franxas horarias no núcleo de poboación do Rañal, separado do casco urbano en varios quilómetros, o cal é apto para poder quedar exonerado do requisito de franxas horarias nas actividades arriba relacionadas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.