As Bibliotecas Municipais de A Laracha, Paiosaco e Caión volven á actividade

As bibliotecas municipais da Laracha, Paiosaco e Caión reabrirán ao público este luns. Farano coas limitacións establecidas no protocolo de actuación fronte á Covid-19

Soamente se ofrecerá o servizo de préstamo de libros, que unha vez devoltos estarán catorce días en corentena de acordo á normativa das autoridades sanitarias. Por este mesmo motivo os préstamos limitaranse a dous libros por persoa durante 21 días.

Os servizos que non estarán dispoñibles son os de lectura en sala e o emprego dos ordenadores.

O aforo limitarase a un único usuario por quenda no interior da instalación, a excepción dos menores de doce anos que deben acudir acompañados dunha persoa adulta. Os usuarios que acedan ás bibliotecas deberán facelo con máscara e empregar o xel hidroalcóholico que estará á súa disposición no interior das instalacións. En todos os casos, os libros serán solicitados polos usuarios e proporcionados polo persoal da biblioteca, tocándoos o menos posible.

Os horarios de apertura serán os seguintes de luns a venres:

  • Biblioteca municipal da Laracha: de 12 a 14 h pola mañá e de 17 a 19 h pola tarde.
  • Bibliotecas municipais de Paiosaco e Caión: De 17 a 20 h.
Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

seis + 6 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.