As liñas de bus 1, 1A, 4 e 14 sufrirán alteracións este domingo por mor do corte total da rúa Marqués de Amboaxe

Realizarán paradas provisionais en Pérez Ardá á altura da Xefatura de Transportes para aproveitar as marquesiñas existentes nesta rúa

Con motivo do corte total en ambos os sentidos da rúa Marqués de Amboaxe o domingo 31 de maio entre as 8.00 e as 20.00 horas, as liñas de autobús 1, 1A, 4 e 14 pasarán a circular polas rúas Fernández Latorre e Pérez Ardá en ambos os sentidos de circulación.

Estes autobuses terán paradas provisionais en Pérez Ardá, aproveitando as marquesiñas existentes nesta rúa á altura da Xefatura de Transportes.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.