As obras da A-52 no ramal da incorporación cara a Benavente durarán uns días máis

Disporase unha saída do enlace dirección Ourense ata a saída 224, para realizar nese punto o cambio de sentido e retomar a dirección cara a Benavente

As obras da nova conexión da A-52 co polígono de San Cibrao das Viñas requiren continuar na vindeira semana os traballos no ramal de incorporación cara a Benavente, enlace 217 da autovía das Rías Baixas, actualmente cortado ao tráfico por mor desas obras.

Para avanzar neste importante punto da infraestrutura, as tarefas iniciadas o pasado luns 11 de maio deben prolongarse uns días máis do inicialmente previsto. Por iso e a pesar de que se estivo traballando no ramal na fin de semana pasada e tamén se traballará durante esta, os días 23 e 24 de maio, as obras estenderanse á vindeira semana.

Mentres continúan os traballos na totalidade do ramal manterase o desvío alternativo para continuar dando servizo aos usuarios que se despracen dirección Benavente. Ese itinerario alternativo dispón a saída do enlace dirección Ourense, ata a saída 224, para realizar nese punto o cambio de sentido e retomar a marcha dirección Benavente.

Os outros tres ramais, así como o tronco da autovía A-52, manteranse en servizo.

Está previsto que a nova conexión do polígono de San Cibrao das Viñas coa A-52 estea rematada este mesmo verán, reducindo en máis do 60% o percorrido actual entre o polígono e a autovía que vai a Madrid. A actuación suporá un reforzo da seguridade viaria, mellorará a conectividade coa autovía de Celanova e reforzará a competitividade de toda esa zona.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

1 × 5 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.