As obras para construír a pista de patinaxe e ciclismo de Bastiagueiro comezarán nas próximas semanas

O Concello de Oleiros comezará nas próximas semanas as obras de construción da nova pista de patinaxe e ciclismo de Bastiagueiro. Esta instalación deportiva estará situada nos terreos de propiedade municipal que se atopan na marxe dereita da avenida Ernesto Che Guevara dirección Santa Cruz

O Concello de Oleiros financiará esta actuación con 413.561 euros procedentes do Plan POS+ da Deputación e cunha achega de recursos municipais de 16.858 euros. “Esta é unha obra que fai o Concello de Oleiros. É o Goberno municipal o que decide onde se invisten os fondos do Plan POS+, que son uns cartos que lle corresponden a todos os concellos da provincia e que distribúe a Deputación. Non é a Deputación a que decide que se realice esta actuación nin a que executa a obra”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.

A pista terá unha lonxitude interior de 200 metros e 6 metros de ancho. Estará dotada para poder acoller campionatos de ámbito estatal.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

siete + diecinueve =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.