As pantallas protectoras da Plataforma Galicia-EscudoCovid19 distribuiranse entre os comercios da provincia de Ourense

A iniciativa está coordinada pola Universidade de Vigo e Asime

A Federación de Comercio de Ourense recibiu este mércores no Pazo Provincial 3800 pantallas protectoras doadas á Deputación de Ourense pola Plataforma Galicia-EscudoCovid19, liderada pola Universidade de Vigo xunto a Asime. O material será distribuído aos comercios da provincia co obxectivo de contribuír á loita contra a COVID-19.

No acto participaron Esther de Blas, vicerreitora do campus de Ourense; Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, e Beatriz Gómez, presidenta da Federación de Comercio de Ourense. Estas pantallas, entregadas ao órgano provincial días atrás, súmanse a outras doadas na provincia de Ourense no marco desta iniciativa, concretamente 2000 ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e á Fundación San Rosendo e outras 2000 ao Grupo Coren.

A Plataforma Galicia-EscudoCovid19 enmárcase na iniciativa popular Escudocovid19, formada por provedores de materia prima e ferramentas, centros de produción e medios loxísticos de toda España para producir pantallas protectoras para os diferentes sectores involucrados na loita contra a pandemia.

Esta iniciativa solidaria naceu na Universidade de Vigo, da man do director do centro de investigación Cintex, José Luis Martínez Lastra, quen ademais coordinou para Galicia o proceso de deseño, produción e loxística da pantalla, xunto con outros investigadores do centro e do campus de especialización Vigo Tecnolóxico, contando tamén coa implicación da Vicerreitoría de Transferencia. No caso de Galicia, a iniciativa está coordinada por Martínez Lastra e polo tamén profesor da Escola de Enxeñería Industria José Antonio Pérez, xunto co secretario xeral de Asime, Enrique Mallón. Arredor dunha vintena de empresas involucráronse no proceso de deseño, fabricación e distribución de material sanitario en Galicia, entre elas Adhex, Dalot, Dativic, Lupeon, MCSyncro, Mepronor, Plascies, Plymouth, Troqueles Galicia e Valver, encargándose esta última de forma altruísta da produción galega dos escudos nas súas instalacións en Mos. A elas sumaron as súas achegas económicas e esforzos empresas como Asesoría y Consultoría de Empresas Despachos Asociados, Cerradoras López Galicia, Coren, Distevi, Gadisa, Fabricaciones Panrma, Instalaciones del Noroeste, Itera Técnica, Laser Galicia, Metaldeza, Onice Estudios y Proyectos, Resinas Castro, Royal Roos Ingeniería, Solmecor, Umiametal, Utingal e Vigumat.

Fuente: DUVI Ourense

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

catorce + catorce =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.