As Rexions Galegas. O regreso do Rexionalismo Galego adaptado os novos tempos

Alexandro Arauxo

Twitter: @AlexandroArauxo

Existe unha Rexión que desde ela se fundou a idea do Rexionalismo e cun amplo interese na formación dun partido que mire polos seus intereses do interior galego, isa é Ourense. Desexosa de separar os seus acometidos da influencia de Santiago e sobretodo Madrid. Intereses coma a agricultura, a gandería tan fortes nista rexión pero tan distantes dos da mariña.
Xa fai anos chegou a dar a sorpresa un partido chamado Coalición Galega o cal veuse abaixo por influencias de Santiago. Nesa época ao igual que na Xeración Nós deuse a idea de Rexionalismo.
Dita idea é expansible ás outras tres provincias, o Bierzo e Norte de Portugal. Posiblemente con algún problema de entendemento na Coruña, Vigo e Pontevedra e nalgunha outra vila das provincias da Coruña e Pontevedra, por presentar unha forte identidade local.
Istas seis rexións cos seus respectivos partidos rexionalistas conformarían a Federación das Rexións Galegas, en representación do Estado Galego, Nación Galega, dentro do Reino de España o cal conformaría unha Federación ou con sorte unha Confederación. Sen darlle máis importancia á situación política do Estado Español e súa denominación, só destacando a idea das Federacións da Hispania.
Cómpre preocuparse polos intereses históricos distas rexións, os cais lle deron o dereito a constituír unha identidade emocional propia cuns valores galegos moi determinados e diferenciados entre rexións.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

tres × tres =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.