Atendidas 825 solicitudes de atención e información laboral polo Concello da Coruña durante o confinamento

A través do programa Coruña Suma, a concellería contactou con 86 empresas de sectores estratéxicos que continuaron funcionando logo de se declarar o estado de alarma, para as informar da continuidade das actividades do servizo

A Concellería de Innovación, Industria, Emprego e Consumo, a través do seu programa Coruña Suma, atendeu durante o confinamento 825 solicitudes de persoas que precisaban información laboral. O persoal de Coruña Suma ofrécelles información xeral do servizo, recursos para a procura activa de emprego adaptados á situación actual (CV, entrevistas de selección en liña, portais dixitais de emprego etc.) e ofertas de emprego publicadas na web municipal.

A concelleira Eva Acón asegura que “a concellería seguiu prestándolle asistencia á cidadanía nun momento difícil, sen escatimar en medios nin esforzos, con implicación absoluta de todo o persoal, e traballando nun plan de choque para intentar mitigar os efectos da crise sanitaria, social e laboral”.

Desde que comezou a crise sanitaria, desde Emprego tamén contactaron con 86 empresas da cidade para as informar da continuidade das actividades de Coruña Suma neste período, que se desenvolven por vía telemática, en particular a bolsa de emprego e o servizo de intermediación laboral. As empresas contactadas pertencen a sectores estratéxicos que continuaron funcionando logo de se declarar o estado de alarma.

“Preocúpannos moito os colectivos máis vulnerables, que adoitan ser os máis prexudicados nas crises de toda índole, aqueles que por carecer de emprego poidan acabar na marxinalidade”, explica Acón, quen tamén informa de que a concellería “está a reorientar a formación cara aos sectores en que neste momento, pola situación actual, detectamos oportunidades de emprego”.

O obxectivo do programa Coruña Suma é promover a mellora da ocupabilidade das persoas mediante a súa capacitación profesional en sectores con máis posibilidades de xerar emprego, para promover a súa incorporación ao mercado laboral, dunha maneira sustentable e duradeira no tempo. Coruña Suma asiste a persoas desempregadas residentes na Coruña, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, con dificultades especiais de acceso ao mercado laboral.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

11 + 18 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.