Atopan falecido a un home nun taller da Estrada ao quedar atrapado entre dous vehículos

Unha persoa particular contactou co 112 Galicia esta mañá, ao fío das 10:00 horas, para alertar de que atopara o corpo sen vida dun home atrapado entre dous coches no interior dun taller na Estrada

Os feitos sucederon no lugar da Brea, na parroquia de Matalobos.

Nada máis ter coñecemento, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención do GES da Estrada, do Servizo Municipal de Protección Civil, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil e da Policía Local.

Xa no taller e unha vez liberado, os servizos sanitarios tan só puideron confirmar o falecemento do home.

Foto: (Arquivo)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.