Balseiro destaca o “traballo constante” dos axentes medioambientais durante a situación de emerxencia sanitaria

O delegado territorial agradeceu a súa colaboración voluntaria en accións como o seguimento do confinamento, a atención a persoas vulnerables en concellos rurais ou a entrega de material escolar que quedara nos colexios

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, destacou hoxe o “traballo constante” realizado polos axentes medioambientais durante a pandemia do coronavirus e agradeceu a súa implicación en distintas accións impulsadas co fin de minimizar o impacto da crise, en especial no medio rural.

Balseiro mantivo unha xuntanza cos responsables dos cinco distritos da provincia, acompañado da xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente, Mararita López e do xefe do servizo de Patrimonio Natural, Carlos Vázquez.

O delegado agradeceu a participación dos axentes medioambientais nas accións de voluntariado organizadas pola Xunta en resposta ao Covid-19 e subliñou que estas tarefas eran complementarias co traballo ordinario deste colectivo que, lembremos estaba considerado como servizo esencial.

De feito, os axentes medioambientais realizaron durante estes meses unha actividade continua, entre outras acción, coa comprobación dos danos ocasionados polos ataques do lobo e o xabaril; atención a casos de maltrato animal ou recollida de fauna silvestre ferida, por citar as máis habituais.

No marco das tarefas de voluntariado vinculadas á situación de emerxencia sanitaria, os axentes medioambientais da Xunta desenvolveron actuación de seguimento do confinamento en concellos rurais e de atención a persoas en situación vulnerable para garantir que teñan acceso a servizos básicos.

Na provincia de Lugo, contactouse con todos os concellos para coñecer as súas necesidades e ofrecerlles o servizo. Solicitárono os municipios da Pastoriza e Meira, onde están desenvolver estas labores nove axentes do distrito da Terra Chá.

Reparto a domicilio de material escolar

Ademais axentes da Consellería e Medio Ambiente, Territorio e Vivenda tamén participan de forma voluntaria na iniciativa para colaborar cos colexios da provincia no reparto de libros e outros elementos que os estudantes deixaran nos centros cando se suspenderon as clases.

Todas as solicitudes recibidas ata o de agora foron atendidas e, polo momento, os axentes levan entregado material escolar a domicilio a 146 estudantes de diferentes centros educativos. En concreto, Vilalba, Lugo, Monforte de Lemos, Pedrafita do Cebreiro, Barreiros e Viveiro.

Os axentes entregan o material nos domicilios dos escolares para que poidan seguir facendo uso del desde as súas casas. A Xunta puxo este servizo á disposición dos centros educativos lucenses que imparten as etapas de educación infantil e primaria, para evitarlles desprazamentos ás familias e tamén para evitar que puntualmente puideran concorrer demasiadas persoas nas instalacións.

As familias que estean interesadas deben poñerse en contacto telefónico co seu centro educativo. Desde as direccións coordinarán a recollida e entrega coa Xefatura Territorial de Medio Ambiente na provincia.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

2 × 5 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.