Betanzos entrega outras 1.200 pantallas protectoras faciais a comercios, hostalería e pequenas empresas para o reinicio da súa actividade

O Concello comenzou o reparto doutras 1.200 pantallas de protección facial a pequenas empresas, comercio e hostalaría de Betanzos dentro das accións de axuda para o reinicio de actividade
En total repartiránse 1.200 máscaras protectoras fronte ao coronavirus aos locais que o solicitaron nos últimos días na web do Concello. As pantallas poden recollerse en horario de 9.00 a 13.00 horas nunha caseta municipal situada diante do edificio Liceo.
Trátase de novas pantallas, que non chegaran a semana pasada. Durante estes días, os comerciantes que as soliclitaron recibiron outras provisionais.