Caballero pide á mocidade viguesa cooperación para “evitar un rebrote da pandemia”

O alcalde insistiu este xoves en que Vigo precisa da colaboración de todos os cidadáns, especialmente da mocidade por ser os que presentan máis mobilidade, para que a crise sanitaria non se reproduza. Abel Caballero explicou que este mércores a Policía denunciou a un hostaleiro porque a terraza non cumpría a normativa

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, pediu este xoves a toda a cidadanía, pero especialmente a mocidade que coopere e axude no distanciamento social co obxectivo xeral de que non se reproduza a crise sanitaria coa pandemia do Covid-19.

“Pide os mozos e mozas que cooperen e nos apoien, que se poñan do noso lado e que teñan coidado porque un rebrote tería un custe terrible, tanto en vidas como na economía”, sinalou antes de explicar que a mocidade é a que presentan unha maior mobilidade e polo tanto o risco de contaxios é máis alto.

Caballero apuntou que este mércores a Policía Local tivo que intervir para sancionar ao propietario dun negocio de hostalería que non acatou de forma reiterada as indicacións dos axentes polo incumprimento da súa terraza. Tamén indicou o rexedor que houbo “múltiples” apercibimentos por parte da Policía a establecementos que presentaban anomalías.

“Hai que manter a distancia social, é moi necesario que todos esteamos concienciados”, engadiu Abel Caballero.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

18 + 14 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.