Caballero reclama responsabilidade para os hostaleiros: “As normas son para coidar a vida da xente”

O alcalde lanzou unha seria advertencia no caso de que existan incumprimentos da normativa para a desescalada da pandemia do Covid-19. Caballero insiste en que deben gardarse as distancias nas rúas e nas terrazas dos establecementos hostaleiros. A Policía interviu este martes na Praza de Independencia

“Nas terrazas houbo algunha saturación non desexada e de ningún modo pode suceder, todos temos que ter especial coidado: clientes e propietarios. Non pode haber aglomeracións nin se pode romper a disciplina da saúde. Recomendación de que respectemos as normas, son para coidar a vida da xente”.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, advertiu este mércores de que non poden repetirse as imaxes como a deste martes cando a Policía Local tivo que intervir na Praza de Independencia pola presenza de numerosos nenos no parque mentres moitos pais e nais estaban sentados nas terrazas de establecementos.

O rexedor asegurou que “non pode ser, estamos en estado de alarma, o coronavirus é tremendo, tomémolo en serio, non podemos relaxarnos. Onte apercibiuse aos pais pero quero facer un chamamento á responsabilidade da cidade, a mesma que tivemos no confinamento temos que tela agora na fase 1”.

Sobre a posibilidade de impoñer sancións ou multar ás persoas que non cumpran, Caballero apuntou que “chegado o caso pode facerse de todo pero non quero que chegue o caso, fago advertencia moi seria”.

O alcalde tamén mencionou que os responsables da Asociación Provincial de Hostalería xa lamentaron os feitos e advertiron de que hai que ter atención e coidado. “Foron feitos concretos en lugares concretos, eu non quero xeneralizar pero quero advertilo, tomémolo con seriedade e responsabilidade, falamos da vida da xente. O mesmo para os clientes”, puntializou.

Axudas de emerxencia

Por outra banda, o alcalde destacou que o Concello xa entregou un total de 7.817 axudas de emerxencia desde a declaración do estado de alarma pola crise sanitaria do Covid-19. Ademais, este mesmo mércores repartiranse 605 comidas nos albergues e en domicilios a familias sen recursos.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

2 × 5 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.