Carballo reforza as medidas de prevención contra o coronavirus no Mercado Municipal

A Concellaría de Feiras e Mercados aproveitou a fin de semana para pintar marcas que garanten a separación entre os postos e a clientela                             

Os que se achegue dende este pasado luns polo Mercado Municipal de Carballo poderán ver as novas marcas no chan que garanten a separación entre os postos de venda e a clientela. A Concellería de Feiras e Mercados aproveitou o peche do domingo para pintar establecendo un perímetro de seguridade en cada posto.

Esta nova acción vén reforzar as medidas de prevención contra o coronavirus no Mercado Municipal, como a instalación de carteis informativos, as desinfeccións en días alternos ou a limpeza diaria exhaustiva de cada un dos postos e dos espazos comúns. Por parte da cidadanía, dende o concello prégase que “se adopten as medidas pertinentes, sobre todo no que respecta á distancia de seguridade e á prohibición de tocar os alimentos”.

O Mercado Municipal de Carballo está aberto nesta Fase 1 do plan de desescalada en horario de 08:00 a 15:00 de luns a sábado e tamén os domingos de feira.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

veinte − 16 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.