Carta resposta de NOS GALEGUISTAS ao chamamento de onte do Partido Galeguista

PARTIDO GALEGUISTA (P.G.)

A Att:  Xesús Manuel Suárez (Presidente), Francisco López “Chesqui” (Secretario Xeral)

NOS GALEGUISTAS  ven de recibir o voso chamamento. Concordamos na imperiosa necesidade de por en marcha un proceso de unidade a prol da Matria, co obxectivo común de construír a medio prazo unha alternativa política e ideolóxica anovadora e cidadán que conlevaría, a xeito de presentación política, social e económica, a participación nas vindeiras Eleccións de Xullo 2020.

Concebimos esa unidade política como expresión dun movemento cívico inclusivo e integrador, ferramenta proactiva de expresión sociopolítica transversal e de Concordia, descentralizada e abertamente participativa nos procesos de unidade de acción a prol dos intereses da Identidade Galega, da máxima expresión do seu autogoberno, con capacidade e responsabilidade de interlocución alternativa diante da sociedade Galega e dos movementos a prol da unidade, aberta a incorporacións procedentes da cidadanía, o municipallismo, a empresa, autónom@s, axentes sociais, culturais, deportivos, sindicais e políticos, así como todos aqueles outros que procuren a mellora da vida da cidadanía galega e da democracia.

Unha forza para governar e construir un proxecto Constitucional Galego de Estado, descentralizador e vertebrado sobre alicerces de recoñecemento e  autonomía das Rexións, actuais e asociadas no futuro, que atope na diversidade o estímulo ceive do traballo en común nunha Galicia soberán.

Unha opción que naza a favor dos intereses da Galicia Territorial e das Galizas espalladas polo mundo e d@s Galeg@s, en ningún momento concebida como ferramenta para ir a priori na contra ou a favor de ningunha outra formación política.

A alternativa que defenda a recuperación da xestión, dominio e protección dos recursos naturais e estratéxicos; que teña verdadeiras competencias para decidir sobre o tráfico económico e empresarial e o patrimonio material e inmaterial da nación, arbitrando medidas que redunden en beneficio público e da cidadanía, na procura de que toda a actividade que teña, directa ou indirectamente, impacto económico ou afecte o noso PIB teña unha xusta repercusión compensatoria directa nas arcas públicas Galegas e que habilite recursos abondo para que a cidadanía, os Profesionais, as PYMES, @s Autónom@s e as empresas e Cooperativas con domicilio fiscal no País podan convivir coa Globalización mediante unha Glocalización proactiva e sostible.

Un NÓS verdadeiramente colectivo que nos identifique como axentes proactivos e representativos da Identidade Galega, recoñecida universal e internacionalmente, e en beneficio da sociedade e dunha Galicia sostíbel, capaz de dotar ao patrimonio inmaterial e material, que conforma a Identidade Emocional Galega, de ferramentas e canles participativos nos eidos políticos, sociais,  económicos, sen renuncia algunha a calquera outro que os tempos ou a Legalidade Europea e Internacional poñan o noso dispor.

Arestora non queremos máis pero non pasamos por menos; temos que facer, entre tod@s, rexurdir a autoestima para reverter a situación. ¡Acabouse!, é tempo de por fin a xeira na que tanto a cidadanía como os Concellos e Rexións pedían esmola, tempos nos que nin éticamente nin na praxe os dereitos gardaban relación proporcional cos deberes.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.