Chamamento do Partido Galeguista as formacións politicas de obediencia exclusivamente galega

Galicia tén unha identidade propia ben definida, pero esta non se acaba de traducir nunha representación política axeitada, de obediencia escrusivamente galega. Nun momento como o actual, no que haberá que afrontar a crise da pandemia e as repercusións que detrás virán, cómpre contar cun goberno galego forte, estable, centrado no país, que sexa quén de defender sen ataduras os intereses nacionais galegos fronte ás novas tendencias de centralización.

Cómpre conformar polo tanto unha alternativa política nacional plural, liberada de dogmatismos, centrada no importante, no que nos imos xogar nos próusimos meses e anos como país; debe converterse nunha referenza pra todo o amplo abano social da sociedade galega, non limitada polo eixo esquerda-dereita, comprometida cos empresarios e os traballadores, os profesionais e os funcionarios, os labregos e os mariñeiros, porque todos son necesarios pra construír país. E, polo tanto, debe ter vocación de goberno, non limitarse ao obxetivo de servir de apoio pra un partido ou outro de obediencia española.

Chamamento a todas as formacións politicas de obediencia exclusivamente galega, así como tamén os movimentos municipalistas e os movimentos asociativos galegos.

Convocamos, así, a tódalas forzas centradas en Galicia a conformar unha ampla candidatura que incorpore tamén aos movementos municipalistas e asociativos galegos nunha alternativa única e de unidade coa que podermos presentarnos xuntos ás vindeiras eleccións. Os galeguistas entendemos que “os tempos son chegados” e o tempo que estamos vivindo e o que está por vir require da complicidade e irmandade de todos nós. Só dende a unidade seremos quén de facer que se escoite clara e forte a nosa voz.

Coherentes con isto, vimos de retomar as conversas que víñamos mantendo cos irmáns de Compromiso po Galicia de cara á configuración desa lista conxunta, conversas que se viron truncadas ao convocarse anticipadamente as eleccións o pasado mes de Marzal. Estas conversas son o inicio do proceso de conformación desa ampla coalición que queremos estender a tódalas organizacións de obediencia galega.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

8 + quince =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.