Comeza a montaxe do busto de Xoán Montes na praza Maior de Lugo

O proceso de colocación comezou no mes de marzo, coa realización de catas arqueolóxicas na nova ubicación

Durante o día de hoxe comezaron na praza Maior os traballos para a colocación do busto de Xoán Montes na praza Maior. Desde a concellería de Infraestruturas Urbanas infórmase de que parte da praza maior permanecerá pechada mentres duren as actuacións. O edil de Infraestruturas, Alexandre Penas, lembrou que “o proceso de colocación comezou no mes de marzo, coa realización de catas arqueolóxicas na nova ubicación, mais tivo que ser detido pola crise sanitaria do COVID-19”.

“A ubicación elixiuse dado que o propio Xoán Montes desenvolveu boa parte da súa actividade musical no quiosco da música da praza Maior, o Círculo das Artes e a Catedral”, lembrou Alexandre Penas, que engadiu “o traslado faise por iniciativa de varios colectivos culturais de Lugo, e ten o obxectivo de resituar a figura do músico no centro de Lugo“.

O busto pasou por un proceso de restauración e limpeza por parte dun equipo especializado, no que se eliminou a suciedade das pezas de mármore e granito que compoñen a obra, mantendo as marcas de envellecemento propias da peza. O expediente para esta actuación iniciouse no pasado mandato, e foi impulsado no suplemento de crédito aprobado polo actual goberno no mes de setembro, cunha inversión de 18.000 euros.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

17 − siete =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.