Comeza o pintado das zonas de xogo na rúa de Tecendo Brincadeiras

 Comezou o pintado das zonas de xogo na rúa do proxecto Tecendo Brincadeiras, que realiza a área de Mobilidade e Infraestruturas coa colaboración do gabinete de psicoloxía e terapia familiar de Natalia García. Segundo declarou Rubén Arroxo, “as zonas de xogo están pensadas para avanzar co paseo, e non para deterse nelas”. Ademais, Rubén Arroxo afirmou que “os xogos pintaranse, seguindo o sentido do paseo, nas beirarrúas do lado dereito, recordando a recomendación de camiñar por este lado para asegurar o distanciamento social”.

Baixo o nome de Tecendo Brincadeiras, a área de Mobilidade e Infraestruturas xunto co gabinete de psicoloxía e terapia familiar de Natalia García propoñen achegar espazos interactivos que permitan ás nenas e nenos desfrutar das saídas á rúa creando espazos lúdicos que permitan xogar en igualdade e sacar o máximo rendemento dos paseos no exterior. Tecendo Brincadeiras pretende favorecer que as nenas e nenos atopen espazos lúdicos nos que xogar e desfrutar ao mesmo que se evaden por un tempo dunha difícil realidade.

“Queremos que as nenas e nenos de Lugo poidan desfrutar das saídas á rúa con xogos que poidan fluír cos paseos e eviten as masificacións”, afirmou Rubén Arroxo, que engadiu “queremos que sintan o concello como propio, por iso botamos a andar esta iniciativa malia estar pechados os espazos de lecer”. Rubén Arroxo declarou que “estas zonas realizaranse en todos os barrios da cidade para que todas as nenas e nenos teñan a oportunidade de desfrutar de xogos na rúa nesta situación atípica”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.