Comunicado da Asociación de Produtores Técnicos de Espectáculos de Galicia sobre o plan de reactivación do sector cultural da Xunta

É difícil dar resposta urxente ás necesidades dun sector tan plural coma o noso, e máis coas circunstancias do confinamento. Por iso participamos na elaboración dun documento colaborativo, coas principais asociacións profesionais do sector*, analizando e consensuando as medidas máis urxentes que se precisaban, e que se entregou hai dous meses á Xunta.

O pasado 5 de maio, a Xunta publicou o Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico, e en xeral, as asociacións asinantes daquel documento, ficamos decepcionadas. Aínda que a cada asociación aféctanlle máis unhas cuestións que outras, nalgunhas coincidimos:

  • A súa falta de concreción, pois ten máis de declaración de intencións que de plan de reactivación.
  • A falta de protección a certos colectivos, pois fica na xeneralidade e non menciona a todos os afectados pola crise.
  • A súa falta de transparencia, pois moitas das asociacións non foron informadas ou consultadas en ningún momento da elaboración do Plan.
  • A falta de definición dos protocolos hixiénicos – sanitarios que serán esixidos ó sector para a súa reanudación, tan necesarios.
  • A súa falta de veracidade, pois se misturan programas e accións oridnarias coas medidas excepcionais, facendo moi difícil coñecer o esforzo real adicado ó sector.
  • O aproveitamento da crise para agrandar o Xacobeo 21, acción non consensuada co sector.

Ademais disto, parécenos moi preocupante a medida 10, sobre a Formación no eido cultural. Segundo o noso criterio, non responde ás necesidades máis urxentes do sector. Precísase profesionalizar o sector, no que hai moito intrusismo e pouca cualificación, sobre todo nos espectáculos públicos, por estar afectados por razóns de interese xeral e regulados por unha lexislación específica que esixen técnicos competentes para o seu desenvolvemento. Xa que logo, as administracións públicas teñen a obriga de esixir a acreditación técnica nos espectáculos públicos, cousa que non se ven facendo nin, polo que se ve no Plan, se vaia facer.
Por iso, cómpre programar accións formativas de carácter oficial para aqueles traballadores que non conten aínda coa titulación ou acreditación profesional que valide a súa competencia técnica nas actividades ligadas ás razóns de interese xeral. Accións formativas que respondan ós obxectivos en materia de educación do actual PROGRAMA OPERATIVO FSE GALICIA 2014-2020 (enlace), concretamente ó Obxectivo Específico10iii.2 (financiable até 2023):

Aumentar o número de persoas que reciben unha validación e acreditación de competencias profesionais ou certificación de experiencia laboral ou de nivel educativo.

Esta profesionalización pendente é aínda máis necesaria para poder saír reforzados desta crise e afrontar a recuperación con total garantía de profesionalidade.

* Academia Galega de Teatro (AGT); Asociación de Escritoras, Escritores en Lingua Galega (AELG); Asociación Empresarial Festivais de Galicia; Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM); Asociación Galega de Profesionais da Ilustracion (AGPI); Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC); Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo (Clubtura); Asociación Galega de Videoxogos e Contidos Interactivos; Asociación de Produtores Tecnicos de Espectaculos de Galicia (APTEGA); Asociación Profesional de Artistas de Galicia (A Colectiva); Culturgal; Coordinadora Galega de Festivais de Cinema. Proxecta; Escena Galega; Músicas Ao Vivo; Plataforma Afectadas polo Centro Coreográfico Galego (PACCG) Unión de Cooperativas Galegas (Espazo Coop)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.