Comunicado do Partido Galeguista

Os Galeguistas, antergos e contemporáneos, sempre recoñeceron que a Galicia era unha nación diversa dentro da que a “identidade emocional” de Ourense era, e é, unha peza fundamental.

Satisfainos comunicar que a coalición MAREA GALEGUISTA deunos o mandato e delegou no noso Presidente, Xesús Manuel Suárez, a responsabilidade plena de atopar unha canle de colaboración leal co que OURENSE ESIXE e materializala nunha alianza que posibilite percorrer da man o camiño cara as vindeiras eleccións galegas e tamén no futuro.

Seguindo ese mandato, temos convocado para o Luns 1 de Xuño, en Ourense, unha xuntanza para ver de atopar ese marco de colaboración, xeneroso e de respeto,  tan necesario para Galicia e para Ourense.

Son moitas as cousas que nos unen e unha delas é a  positivización daquelas que son únicas e peculiares da Rexión de Ourense.

O PG asume con gosto a responsabilidade de loitar pola pervivencia do legado da Xeración Nós, e do espíritu político de Galeguistas ourensáns tan destacados como Alexandre Bóveda, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Xaquín Lorenzo Fernández “Xocas”, Antón Lousada Diéguez, Florentino Cuevillas, etc.

Coidamos que o camiño que se está a facer será, co tempo, un fito histórico e desde o Partido Galeguista somos moi conscentes de que o noso rol non ten por qué ser mediático para ser decisivo.

Saude e Terra

Francisco López “Chesqui”

Secretario Xeral do Partido Galeguista

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

dos × uno =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.