Concello de Arbo, crea o Rincón de Pais e Nais durante o cofinamento

Debido ao momento de excepcionalidade que se esta a vivir, no que se plantexan situacións totalmente novas ás que nos temos que adaptar rapidamente, dende o Concello de consideramos que debemos dotar ás familias de ferramentas para levar a convivencia no fogar o mellor posible durante o tempo que duren estas circunstancias.

Son momentos nos que os nosos cativos, e os adultos tamén, vémonos privados das nosas rutinas, do noso xeito habitual de vivir, e iso pode xerar que experimentemos sensacións de inseguridade, inquedanza e angustia. Sensacións que vivimos nós e que lle transmitimos aos nosos nenos e nenas. Eles tamén están privados da súa liberdade, nun momento evolutivo no que o movemento, a curiosidade e a experimentación marcan o seu xeito de entender o mundo que teñen ao redor. En moitos casos, pola súa idade, teñen un coñecemento impreciso do que está acontecendo nestes momentos.

É moi importante que lles transmitamos aos nosos cativos e cativas tranquilidade, que pensemos nas cousas boas que podemos aproveitar desta situación tan singular, como compartir con eles moito mais tempo, un tempo de calidade, sen présas nin horarios, no que poder valorar e vivir o que é a familia e as vinculacións afectivas – manifesta o alcalde Horacio Gil. É preciso que os nenos e nenas non caian no aburrimento, neses tempos baleiros nos que se poden mostrar mais inquedos e sensibles.  Vivimos nunha era dixital que nos permite manter o contacto aínda que teñamos que estar afastados. Grazas a estas ferramentas podemos, dende o Concello, poñer ao voso dispor un tempo de ocio para que o vivades no fogar,  remata o rexedor que anima a todos e todas a seguir as redes sociais do Concello de Arbo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.