Concello de Arbo. Reapertura da pesca tradicional da Lamprea

Como consecuencia da decisión adoptada polo Consello de Ministros Portugues, donde se autoriza a partires do día 4 de maio a reapertura da pesca tradicional nas pesqueiras na marxe esquerda internacional do Rio Miño, decisión da que os alcaldes se enteraron polos medios de comunicación e ante a falta de información na parte española sobre este tema, os alcalde  e a alcaldesa dos catro municipios, reuníronse o pasado sábado  de maneira urxente, para tratar sobre a pesca da lamprea.  Na reunión os rexedores e a rexedora, decidiron remitir  un escrito conxunto dirixido á Delegación do Goberno en Galicia solicitando a reapertura da temporada de pesca tradicional nas “Pesqueiras” do tramo internacional do Miño, tendo en conta que este tipo de actividade esta considerada como pesca tradicional con destino autoconsumo.

Na tarde hoxe, domingo, o Concello de Arbo, recibía comunicación da Comandancia Naval do Miño, donde se informaba que a solicitude dos Concellos de Salvaterra de Miño, As Neves, Arbo e Crecente para a reapertura da tempada de pesca tradicional no  TIRM, efectuadas pola Comandancia as consultas pertinentes a Delegación do Goberno en Galicia de conformidade  co escrito e as alegación presentadas polos alcaldes e a alcaldesa dos catro municipios,  se reabre a pesca tradicional de Pesca no Tramo español do Rio Miño dende ás 1:00 horas do 4 de maio.

O alcalde de Arbo, agradece a sensibilidade mostrada cos catro concellos e cos pescadores de Lamprea de estes concellos limítrofes. O rexedor recorda que tal e como informa a Comandancia Naval do Miño, para o desenvolvemento desta actividade, os pescadores con licenza en vigor de pesca tradicional desde pesqueiras, deberán cumprir as medidas establecidas polo Goberno para previr o contaxio, así como a obrigación do emprego de chaleco salvavidas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.