Continúa a desinfección de zonas públicas en Marín ca limpeza practicada hoxe en Pedreiras

Continúan estes labores, necesarias especialmente agora que a desescalada supón maior ocupación de veciños da vía pública

Desde o minuto un desta crise sanitaria, o Concello de Marín despregou brigadas de limpeza e desinfección dos espazos públicos co obxectivo de garantir a seguridade nas rúas e nos establecementos máis utilizados ata o momento.

Agora, co inicio da desescalada polo coronavirus, seguirán practicándose limpezas intensas en todo o termo municipal, como a que se desenvolveu hoxe no lugar de Pedreiras, levada a cabo por unha empresa contratada polo Concello para reforzar estes labores.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.