Cs Lugo censura a xestión do Goberno local no reparto das máscaras infantís

A portavoz municipal, Olga Louzao, denunciou que a información que se inclúe na carta que acompaña ás mascarillas é erronea, está desfasa e está xerando moita confusión entre as familias que se arriscan a unha sanción

Lugo, 08 de maio de 2020. A portavoz municipal de Cs, Olga Louzao, criticou con dureza esta mañá a xestión levada a cabo polo tenente-alcalde Rubén Arroxo en relación ao reparto de máscaras infantís anunciado polo Goberno local. Louzao afeou que as primeiras mascarillas, que chegan con máis dunha semana de atraso respecto da apertura do horario infantil de paseo, estéanse repartindo de forma desigual entre as distintas zonas do municipio. «Están chegándonos queixas porque nalgunhas zonas do municipio chegaron e a outras non, o que xera incerteza entre as familias. Os cidadáns carecen de información e os pais non saben se poderán contar con esta mascarilla ou polo contrario deben adquirir unha», sinalou.

«As mascarillas anunciadas aos catro ventos por Arroxo chegan tarde, mal e a rastro, pero o especialmente preocupante é a información que o Goberno local inclúe na carta que se achega á mascarilla. Esta información está obsoleta, é errónea e está xerando moita confusión entre os pais. A información facilitada polo Goberno local afirma que o horario de paseo infantil é de 9 a 21 horas, cando o horario infantil está acoutado polo Goberno de España entre as 12 e as 19 horas. Consideramos que é un erro que se debe solucionar, pola contra haberá familias que se poidan enfrontar a unha sanción por estar pésimamente informadas polo seu Concello», asegurou a concelleira da formación laranxa.

«Lamentamos que o reparto de mascarillas infantís sexa convertido polo BNG nun acto case propagandístico cunha carta asinada polo propio Arroxo e que ademais contén información errónea e totalmente desfasa. Esiximos unha rectificación inmediata», concluíu Louzao.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.