Cs Lugo urxe ao Goberno local a levar a cabo “unha campaña especial de rozas no rural”

O concelleiro de Cs Lugo, Juan Vidal, censurou o abandono da zona rural do municipio, carente de mantemento durante o periodo de confinamiento malia que o sector agrogandeiro  non cesou a súa actividade.«É necesario recuperar o tempo perdido», asegurou

O concelleiro de Cs Lugo Juan Vidal esixiu esta mañá ao Goberno local que leve a cabo unha campaña especial de rozas nos camiños e pistas das zonas rurales do municipio. De forma especial, nas zonas con maior actividade agro-ganadeira. «É necesario habilitar centos de quilómetros de camiños e pistas que agora mesmo están en mal estado debido a que non se levaron a cabo os labores de mantemento durante os primeiros meses da primavera, onde a vexetación crece con forza e rapidez. A contratación dos traballos non se pode demorar. É necesario recuperar o tempo perdido», asegurou o edil da formación laranxa

Vidal recordou a importancia destes labores de mantemento para preservar a economía de moitas familias dedicadas ao sector agropecuario e afeou a falta de atención mostrada polo Goberno bipartito por este asunto. «O Goberno local non pode descoidar a actividade económica no medio rural xa que o sector agropecuario non cesou a súa actividade durante o periodo de confinamiento. Sen dúbida a falta de mantemento en camiños e pistas é unha traba máis ás moitas coa que se atopan os nosos ganaderos e agricultores e así nolo están facendo chegar ao longo dos últimos días», asegurou o concelleiro de Cs Lugo.

«É necesario realizar un investimento extra na contratación destes traballos, do contrario será imposible deixar en condicións aceptables os centos de quilómetros de camiños e pistas antes de que chegue o verán, o que ademais implica un risco maior no caso de que se propague algún lume na época estival» apuntou o edil.

Discriminación do rural

Cs Lugo considera que o atraso na execución dos traballos xerará un efecto tapón que só se superará redoblando o esforzo. «Non nos serve como escusa a crise do Covid-19, do mesmo xeito que a contorna da Muralla está sendo mantido durante estas últimas semanas dunha forma regular malia as restricciones tamén debe atenderse as necesidades das zonas rurales en puntos estratéxicos na mesma medida. De non ser así o Goberno local estará creando cidadáns de primeira e de segunda. É un agravio intolerable», concluíu.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.