D3Mobile senta cátedra durante o confinamento

O campionato científico internacional de modelado 3D promovido polo grupo Cigeo da EPS de Enxeñaría do Campus de Lugo sortea a pandemia da COVID-19 con récord de participación e co recoñecemento explícito da Universidade de Florencia cara ao seu modelo educativo, que cualifica de “perfecto”

O campionato científico internacional D3Mobile, unha iniciativa promovido polo Grupo Integrado de Enxeñaría Civil e Xeomática (Cigeo) da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE) do Campus de Lugo da USC, está a sentar cátedra na súa edición de 2020, na que, ademais de sortear as limitacións e o confinamento derivadas da pandemia provocada pola COVID-19 con récord de participación, está a recibir eloxios respecto da metodoloxía de traballo individual e colectiva que rexe o funcionamento desta competición escolar.

A alarma xerada a mediados de marzo trala aparición moitos casos de persoas infectadas polo coronavirus SARS-COV-2 causante da pandemia, levou a moitos dos participantes, alumnos e docentes, inscritos nesta edición da D3Mobile, a cuestionar a posibilidade de desenvolver todas as probas sinaladas nos prazos determinados, lembra o director do proxecto D3Mobile, Juan Ortiz Sanz.

Ante as dúbidas xurdidas ao respecto, este profesor do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da USC xustifica a decisión do grupo Cigeo de dar continuidade ao campionato, porque o desenvolvemento da competición xa foi concibido desde a súa primeira edición para que os mozos e mozas aprendices de científicos puideran traballar nas súas casas se asi o preferían ou se se vían obrigados a facelo, como foi o caso da situación provocada pola pandemia.

A decisión inicial adoptada polos organizadores do campionato científico escolar promovido desde o Campus de Lugo da USC traduciuse varios meses despois nun éxito absoluto, materializado tanto nunha cifra récord de participantes:  496 estudantes e 120 profesores de 99 centros educativos de 17 países de todo el mundo, como nos diversos eloxios recibidos da comunidade educativa internacional.

Unha das maiores gabanzas á D3Mobile foi a realizada pola profesora Parisi, da Universidade de Florencia, que colabora co grupo Cigeo da USC nesta edición do campionato, que durante a fase confinamento social decretada nesta rexión itialiana, manifestou a través das redes sociais que “a situación de alarma sanitaria forzounos mudar a nosa forma de ensinar e logo de meses de reflexión sobre novos enfoques educativos axeitados para este tipo de situacións excepcionais, concluímos que o proxecto D3Mobile sintetiza os elementos fundamentais dun modelo perfecto para este fin”.

Fases do concurso e votacións públicas

Unha vez avanzadas as distintas fases da competición nas que se estrutura D3Mobile y logo de que os distintos equipos participantes presentaran as súas respectivas propostas de traballo, que están accesibles na web, os 29 modelos 3D presentados por los equipos finalistas desta edición do campionato serán valorados por parte do público nun proceso de votación aberto que se desenvolverá en liña a partir do 1 de xuño na web www.d3mobile.es. O público participante determinará un dos galardóns outorgados os gañadores do campionato, ademais do premio ao equipo que acade o maior número de seguidores e consiga máis impacto na súa contorna social.

D3Mobile 2020 mantén unha relación de premios semellante a edicións anteriores. Daquela, nesta ocasión, a organización do certame tamén establece distincións para os equipos que presenten os mellores resultados nas medicións de precisión feitas en modelos 3D, así como para os equipos con modelos 3D escaneados con maior calidade.

Completan a relación de galardóns un premio ao modelo 3D dedicado á investigación na USC, outro ao labor de I+D desenvolvido no marco da agrupación estratéxica BioReDes do Campus Terra e un premio doado pola Fundación Mujeres e referido a unha científica/tecnóloga de éxito nos campos da enxeñaría e da arquitectura. O fallo dos galardóns será público a finais do mes de xuño.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cuatro × uno =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.