Detida en Marín unha condutora por conducir baixo os efectos do alcohol e con presenza de drogas

A muller, de 24 anos de idade, foi interceptada por un control conxunto da Policía Local e Nacional o pasado día 5 de maio ás 12.45 horas, na Avenida de Ourense

A Policía Local de Marín detivo esta semana a unha condutora, de 24 anos de idade, que deu positivo en consumo de alcohol e de drogas e que conducía un vehículo que carecía de seguro.

Segundo explican fontes do corpo de seguridade local, o pasado día 5 de maio ás 12.45 horas, as patrullas da Policía Local e da Policía Nacional que estaban a realizar un control conxunto na Avenida de Ourense déronlle un alto a un coche, que fixo caso omiso e que continuou a súa marcha, sendo detido máis adiante por outra patrulla da Policía Nacional.

O forte cheiro a alcohol que desprendía a condutora do vehículo motivou o seu traslado ás dependencias da Policía Local, onde se lle realizou unha proba de alcoholemia, arroxando un resultado positivo de 0,93 mg/l de alcohol en aire aspirado. Asemade, os axentes someteron á condutora a unha proba de drogas, que mostrou un resultado positivo en cocaína. A isto, sumábase que o vehículo no que circulaba a detida carecía de seguro.

Os axentes instruíron un atestado por delito contra a seguridade viaria por conducir baixo a influenza de bebidas alcohólicas e se formularon dúas denuncias administrativas, por conducir con presenza de drogas no organismo e por carecer de seguro.

Pola situación extraordinaria que estamos a vivir, interpúxose ademais unha terceira denuncia administrativa por incumprir coas medidas decretadas polo Estado de alarma. Neste caso, a denuncia foi imposta tanto á condutora como ao acompañante.

A Policía Local informou de que esta persoa xa fora denunciada a noite anterior por incumprir precisamente coas medidas de confinamento e tamén lle constan antecedentes de perda de vixencia do permiso de condución por outros delitos pasados contra a seguridade viaria.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

19 + dieciseis =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.