Elas Son Artistas continúa co obxectivo de reubicar os seus eventos

O equipo do Festival Elas Son Artistas continúa en conversas con todas as partes implicadas na terceira edición do Festival: concellos, entidades colaboradoras e patrocinadoras, artistas, equipos técnico e de produción. O obxectivo é reubicar todos os eventos que tiñamos previstos durante o festival na loxica medida que fose posible ao longo dos vindeiros meses, transformándoo nun ciclo no que a muller creadora continúe sendo a protagonista

Elas Son Artistas é un evento feito dende o cariño, pero somos conscientes que a maioría dos nosos espectáculos non van dirixidos a un público masivo, polo que consideramos viable levalos a cabo e resta dicir que sempre cumprindo as medidas de seguridade, separación social e hixiene vixentes no momento de celebración de cada evento. O compromiso de non cancelación na medida do posible está no sentir de todas as persoas involucradas neste proxecto, sendo conscientes da importancia de manter as actuacións e os cachés comprometidos coas artistas na situación tan especial e inédita que estamos a vivir.

Así que no momento oportuno, e sempre vixiantes da evolución das fases e rigorosos coas normas que se vaian aprobando por parte do Goberno central e Autonómico, se faran públicas as novas datas dos espectáculos. Pode ser todas ao mesmo tempo ou, se o consideran máis oportuno, de forma dosificada.

importe dos abonos vendidos e das entradas adquiridas para espectáculos soltos xa foron retornados na súa totalidade ás persoas que os adquiriran previamente ao aprazamento.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.