En Marea instan a Feijóo a reclamar ao Goberno do Estado medidas para abordar de xeito íntegro as emerxencias social, feminista e climática que vive Galicia

Para En Marea as emerxencias social, feminista e climática que vive Galicia foron e seguen sendo ignoradas por completo polo goberno de Feijoo por iso instan ao Presidente da Xunta a que alén de asumir as responsabilidades polas competencias que lle son propias, demande ao goberno do estado unha batería de medidas urxentes e esenciais para encarar a última fase do estado de alarma e impulsar a recuperación económica e social.
Para a formación, Feijoo debe esixir a recuperación de todas as competencias que durante a crise polo coronavirus foron centralizadas, pois dende a proximidade e a responsabilidade, dende o autogoberno, xestionase mellor a desescalada e a nova normalidade.
Dende En Marea instan a Feijoo a reclamar a prórroga dos ERTES o tempo que sexa preciso e suspender o cobro de cotas e impostos a autónomas e pemes mentres non resolvan a súa situación, así como a aplicación inmediata dunha renda básica universal, asegurando o pago con urxencia. Feijoo debe esixirlle tamén ao goberno central máis recursos para a Lei de Dependencia, pois se algo puxo negro sobre branco a pandemia foi o desmantelamento e precarización dos servizos sociais. Neste senso, dende En Marea critican que a Xunta non teña un plan de axuda aos Concellos para que poidan desenvolver políticas de protección social e de desenvolvemento económico local.
A Xunta debe instar ao goberno a afortalar o Pacto de Estado contra a violencia de xénero, dotalo de propostas específicas e impulsar a educación en igualdade e diversidade.
A crise climática non desapareceu, e na volta á nova normalidade segue a ser un reto real que superar, polo que dende a formación esixen a Feijoo que o financiamento que chegue dende Europa e dende o Estado sexa empregado en actuacións coherentes coa transición ecolóxica xusta, xerando emprego a través do aforro a e eficiencia enerxética, as renovables socialmente xustas, a reestruturación do rural, o fomento da soberanía alimentaria, etc.
Para En Marea hai cuestións inexcusables ás que o Goberno da Xunta non da resposta, amosando máis preocupación electoralista Feijoo por non perder o “prime time” da TVG que por convocar á oposición para acudir á Deputación Permanente ou ás conferencias cos grupos a dar conta da súa xestión.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.