En Marea: No Estado de Alarma o Presidente da Xunta renunciou ao autogoberno de Galicia

En Marea asegura que durante o Estado de Alarma o Presidente da Xunta renunciou ao autogoberno de Galicia, non só porque a Deputación Permanente forma parte das institucións de autogoberno, por tanto debe respectala e comparecer con regularidade, senón porque durante este tempo tampouco a Xunta exerceu unha defensa do estado autonómico e do noso marco de competencias como País. Isto non impide que dende a formación lle pidan contas pola súa responsabilidade, pois que a incidencia da pandemia do coronavirus en Galicia non tivera a virulencia doutras Comunidades Autónomas, non ten unha relación directa coa actuación da Xunta, senón coas características específicas do noso país: elevada dispersión da poboación, baixo nivel de contaminación.. pero o nivel de contaxios e mortalidade das persoas maiores que viven en residencias si está relacionado directamente coa súa xestión. A probabilidade de contaxiarse triplicábase nas residencias privadas e a de morrer quintuplicábase.
Para En Marea, buscar a rendibilidade comercial, o ánimo de lucro mediante a especulación e o recorte dos servizos públicos amosouse incompatible con salvarnos. As responsabilidades de Núñez Feijoo non poden encubrirse co Estado de Alarma, porque a situación deriva da súa política durante unha década de empeoramento da calidade de vida de galegas e galegos.
Dende En Marea reivindican unha concepción do Estado de Alarma acorde coa plurinacionalidade do estado baseándose en que a realidade plurinacional xustifica a individualización da resposta sociosanitaria e socioeconómica á pandemia. As normas que emanaron durante estas semanas do goberno central non sempre foron xustas porque trataron igual situacións que son desiguais.
En relación ao desconfinamento, afean que o propio Feijoo pareceu referirse á conveniencia de que se producise por áreas sanitarias e non por provincias. Dende En Marea lémbranlle que en 2018 o goberno de Feijoo reformou a Lei de Saúde de Galicia para eliminar as áreas do Barco de Valdeorras, Monforte, A Mariña e o Salnés, facéndoas máis similares ás provincias. A proposta de En Marea de dividir o País en 14 áreas, co seu propio criterio, permitiría unha desescalada máis apegada á situación de cada territorio dentro de Galicia. Agardan dende a formación que reflexione e rectifique, afirmando que é cando o PP acerta, rectificando.
Dende En Marea reivindican o exercizo pleno do autogoberno durante o Estado de Alarma en todo aquelo que signifique o exercizo das competencias autonómicas, e urxen unha reflexión e reforma da institución dos estados excepcionais en canto sexa posible.
Cómpre desconfinar o autogoberno e desconfinar a lingua: En Marea reivindican a lingua e a proximidade na solidariedade nacional. Aseguran que o goberno central non tivo en conta a nosa lingua e Feijoo renunciou a ela na xestión da crise.
*Por motivos de saúde o deputado Davide Rodríguez non puido comparecer na sesión da Deputación Permanente. Achegamoslles o texto íntegro da súa intervención, por se desexan consultalo, AQUI

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.