Entregadas case 500.000 unidades de material de protección aos centros asistenciais lugueses desde o inicio da crise sanitaria

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que os elementos de seguridade chegaron a 121 residencias e centros públicos e privados

A Xunta de Galicia leva entregadas 498.992 unidades de material de protección contra o coronavirus ás residencias e centros asistenciais da provincia de Lugo desde o inicio da crise sanitaria.

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que desde a primeira achega, a principios de abril, lévanse repartido en 121 centros lugueses un total de 209.600 luvas, 238.650 mascarillas cirúrxicas, 3.436 mascarillas FFP2, 9.675 batas, 2.042 mandís, 12.000 gorros, 19.500 calzas, 506 pantallas faciais, 2.084 botes de xel hidroalcohólico de medio litro e 1.499 garrafas de desinfectante de 5 litros.

Estas cifras inclúen un novo envío realizado esta semana -o sexto-, que supuxo a  entrega de 70.666 unidades de protección a 61 centros. Entre o equipamento distribuído nesta ocasión contabilízanse 35.600 luvas, 29.150 mascarillas cirúrxicas, 205 mascarillas FFP2, 2.268 batas, 46 mandís, 1.200 gorros, 1.800 calzas e 43 pantallas faciais, ademais de 278 botes de hidroxel e 76 garrafas de desinfectante.

Estas entregas estanse a realizar a través da plataforma loxística que a Xunta puxo en marcha para centralizar a adquisición e a distribución de material de protección durante o estado de alarma e a emerxencia sanitaria por mor do coronavirus.

Balseiro salientou que estes repartos están a chegar a todas as residencias de titularidade pública e privada da provincia de Lugo que constan no rexistro autonómico, incluídas as de propiedade municipal ou da Deputación e as dependentes da Consellería de Política Social.

Con esta medida, a Administración galega pretende garantir a axeitada protección dos profesionais que traballan nestes centros coidando aos colectivos máis vulnerables ao contaxio por coronavirus.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.