Entregadas unha nova remesa de mascarillas aos taxistas de Ferrol

O Concello failles unha nova entrega de máscaras protectoras aos taxistas e inicia o reparto entre os comerciantes

Os concelleiros de Mobilidade, Julián Reina, e de Seguridade, Germán Costoya, encontráronse este mércores cos representantes de Tele Taxi e Radio Taxi para facerlles unha nova entrega de 500 máscaras cirúrxicas, que ambas asociacións distribuirán entre os seus profesionais. Reina quixo pór de manifesto o “esforzo que están a facer os taxistas ao estar expostos para trasladar á xente nos seus vehículos”, polo que o Concello quere contribuír a que corran “o menor risco posible” no exercicio da súa profesión.

A finais do mes de marzo o edil xestionou unha primeira entrega de material de protección a este colectivo (que “non deixou de prestar o servizo en ningún momento, incluso polas noites”, agradeceu Reina) á que se sucederon varias máis.

O Concello tamén iniciou hoxe o reparto de equipos de protección individual (EPI) entre os comerciantes da cidade. A través das asociacións que aglutinan aos negocios deste sector, o goberno local fará chegar as máscaras protectoras aos donos dos establecementos. Este pasado mércores, a través da concellería de Seguridade e da de Promoción Económica, que dirixe María Teresa Deus, facilitóuselle este material á asociación Ultramar Village.

A seguinte en recibilas será o Centro Comercial Aberto Ferrol A Magdalena. O reparto proseguirá ata chegar a todas as asociacións da cidade, que recibirán un paquete de máscaras en función do número de empregados cos que conta cada negocio asociado.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.