Esquerda Unida esixe á Xunta de explicacións “pola propaganda institucional no reparto de máscaras nas farmacias”

O pasado 24 de Abril o Consello da Xunta anunciou o reparto de máscaras protectoras nas farmacias a pensionistas con rendas inferiores a 18.000 euros, persoas en situación de risco de exclusión e persoas sen emprego

“Esquerda Unida entende que a decisión de facilitar este medio para evitar a transmisión do coronavirus é unha decisión positiva, sen embargo, denuncia que o feito de repartilo cun logotipo da Xunta de Galicia ben visible constitúe un acto claro de propaganda da institución autonómica a posiblemente só uns meses do proceso electoral”.

“Hai que lembrar que só dous meses atrás, antes de que fosen suspendidas as eleccións autonómicas, a Xunta Electoral xa reprendera á Xunta de Galicia por unha campaña publicitaria na que o lema era idéntico ao lema electoral de Alberto Núñez Feijóo, polo que a Xunta Electoral ordenara a súa retirada”.

“Non se trata pois da primeira vez que cun proceso electoral próximo se realiza un uso cuestionable da propaganda institucional, neste caso ademais cun elemento sensible como o é os medios contra o coronavirus e ademais dirixidos a colectivos vulnerables”.

“Esquerda Unida esixe que a Xunta de Galicia dea explicacións por esta propaganda, totalmente innecesaria e pide que os recursos económicos se concentren na adquisición das máscaras e materiais necesarios para loitar contra o coronavirus”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.