Este luns arrinca en Ponteceso unha nova campaña de recollida a domicilio de aceites usados de cociña

Os envases deberán depositarse no exterior das vivendas, en lugares visibles e accesibles

A Área de Medio Ambiente do Concello de Ponteceso volverá a poñer en marcha o servizo de reciclaxe e recollida a domicilio de aceite vexetal usado de cociña. A empresa Collecting Oil, encargada da retirada dos envases, iniciará este luns un novo percorrido por todo o municipio para recoller os máis de 2.000 botes de almacenaxe distribuídos entre a veciñanza, unha cifra que, sen dúbida, pon de manifesto a preocupación e o compromiso da cidadanía coa nosa contorna.

Do 11 de maio ao 1 de xuño, persoal debidamente uniformado e en vehículos rotulados, procederá á retirada dos recipientes para baleirar. Os botes deben deixarse no exterior das vivendas, en lugares visibles e accesibles, para que os operarios poidan realizar o seu traballo con normalidade e sen dificultades. Desde o Concello de Ponteceso e desde a concesionaria agradecemos de antemán a colaboración cidadá para garantir o correcto funcionamento do servizo, especialmente nestes momentos.

As persoas interesadas en obter máis información ou formar parte da campaña poden chamar ao teléfono 639 920 936.

E se o que queres é saber os itinerarios que se van realizar cada día, toma nota do calendario previsto para todo o mes e permanece atento/a ás nosas redes sociais porque as rutas son orientativas e, polo tanto, susceptibles de posibles cambios.

LUNS 11 DE MAIO: Estrada de Corme (xunto á ponte) pasando por: Cedeira, Carracido, O Couto, Cospindo, A Brixería, Currás, A Matigueira, Balarés, Guxín, Xomonte e Corme Aldea.

MARTES 12: Corme Aldea, Froxán, O Picoto, Corme Porto (R/Vila de García, Paseo Marítmo, Estrada Ponteceso, R/ Río de Arriba.

MÉRCORES 13: Corme Porto (estrada Roncudo, Arnela, Barrio Campo, Real, Nova, Travesía Nova).

XOVES 14: Corme Porto (R/Nova, Paxariñas, Barrio Regadiños, Agra Rodríguez, Barrio Fontiña, Roncudo, As Regadiñas, As Pedras Miúdas,  Condes, Carral, Paseo Marítimo.

VENRES 15: Corme Porto (Coroto, Xeneral Mourelle, Sol, Paseo Marino, AV Mariña, Barrio Remedios, Hortas, Crego, Fontiñas, Real, Praza do Pan).

LUNS 18: Carballido, As Gurichas, Lestimoño, R/Cruceiro, Concello, Cuartel, Aduana.

MARTES 19: Praza Relleno, Paseo Fluvial, Av. Eduardo Pondal, Av. Anllóns

MÉRCORES 20: Av. Anllóns, Barrio Xungal, R/Teresa Mosqueira Manso, Eduardo Blanco Amor, Campo da Feira, Vereda, A Trabe

XOVES 21: Av. Bergantiños, Rueiro, Aldea Tella, Tella.

VENRES 22: Aldea Tella, Anllóns, A Garga, R/ Cuñarros.

LUNS 25: A Gándara, Os Seixos, O Petón, Polígono Tella, Tallo, Vilasuso, O Rieiro.

MARTES 26: Bugalleira, Ameixenda, Rebordáns, As Salgueiras, Os Melcos, Langueirón, A Vitureira, Ardabón.

MÉRCORES 27: A Ponte Dona, Xornes, Pazos.

XOVES 28: Pazos, Riotorto, Limiñoa, O Barreiros, Cores, Viladesuso, Figueiroa, A Costa.

VENRES 29: A Campara, Santa Cruz, Os Torrados, A Lamela, Miraflores, O Castro.

LUNS 1 DE XUÑO: O Rueiro, Os Ánxeles, Brantuas de Arriba, Casas de Espereira, Brantuas de Abaixo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.