Evacuado en helicóptero tras un accidente no que se viron implicados tres tractores en Aranga

Un accidente entre tres tractores nunha leira en Aranga saldouse a pasada tarde cun home ferido de consideración. Sucedeu na parroquia de Vilarraso, ao fío das 19:45 horas
Debido á gravidade das feridas do home accidentado, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou ata unha zona próxima ao lugar dos feitos o helicóptero medicalizado con base en Santiago, no que foi trasladado a un centro hospitalario.
O operativo o completaron, tras ser alertados polo 112 Galicia, os axentes da Garda Civil, os Bombeiros de Betanzos e os efectivos do GES de Curtis.