Falece un ciclista que circulaba por unha estrada en Nigrán

Un home perdeu a vida esta mañá cando circulaba coa súa bicicleta pola estrada vella do concello pontevedrés de Nigrán, preto da entrada da Praia de Prado
Foi unha persoa particular ao 112 Galicia, ás 09:45 horas, quen solicitaba asistencia sanitaria urxente para un ciclista tendido no asfalto.
Nada máis ter constancia, o persoal do 112 Galicia requiriu a intervención de Urxencias Sanitarios de Galicia-061, que mobilizou un equipo médico ata o lugar, e da Policía Local da localidade, quen trata de aclarar os motivos do suceso. Ademais, informou aos membros do GES e Protección Civil de Val Miñor.
A pesar dos esforzos dos servizos de emerxencia, os efectivos sanitarios tan só puideron confirmar o falecemento do ciclista.