Felipe Rivas: “O Concello de Lugo está a cubrir os erros de improvisación da Xunta”

O edil de Educación mantivo unha xuntanza telemática coas anpas. Felipe Rivas reafirmou a vontade do Concello de colaborar coa Xunta para cumprir as demandas das familias

O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, mantivo unha xuntanza telemática coas anpas de Lugo para analizar a situación na que se atopa o ensino e planificar as distintas accións da concellería. Segundo afirmou Felipe Rivas, “nestes case dous meses de aulas pechadas, a concellería de Educación dedicouse a paliar os erros de improvisación da Xunta de Galiza”.

O edil de Educación recolleu as propostas das anpas para a reanudación do presente curso e a planificación do vindeiro. Segundo declarou Felipe Rivas, “xa ofrecemos a nosa colaboración á Xunta para cubrir as necesidades das familias, como por exemplo, retornar os libros de texto que quedaron nos centros de ensino, mais debe ser a Xunta quen tome a iniciativa ao ter as competencias en educación”.

Felipe Rivas coincidiu coas anpas en pedir á Xunta “previsión para o vindeiro curso”. “A Xunta debe planificar o curso 2020-2021 tendo en conta un posíbel rebrote do COVID-19”, afirmou Felipe Rivas, que engadiu “é necesario tamén garantir as axudas de material escolar en todos os niveis”. Ao respecto disto, Felipe Rivas declarou que “o Concello de Lugo só pode entregar axudas para Educación Infantil, sendo o resto dos niveis responsabilidade da Xunta.

Foto: (Arquivo)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.