Fenosa volve talar ilegalmente a mesma zona de Liáns, pola que xa fora sancionada con 60.000 euros

A compañía eléctrica arrasou, outra vez esta semana, parte dun parque municipal en Liáns sen autorización municipal. Trátase da mesma zona que, en agosto do 2017, Fenosa talou ilegalmente e que lle supuxo unha sanción de 60.000 euros, avalada por dúas sentenzas xudicias (a última do pasado 17 de abril).

Ante a gravidade destes feitos, o Concello de Oleiros acaba de abrir un novo expediente sancionador contra esta empresa. Nos próximos días notificaráselle unha nova multa de 60.000 euros, a máxima permitida.

“Que saiban todos os cidadáns que Fenosa non pode entrar en ningunha  finca e levar a madeira sen permiso dos seus propietarios. Se algún veciño ou veciña ten dúbidas poden vir asesorarse ao Concello de Oleiros”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.