Ferido en Cualedro tras caerlle enriba o arado co que traballaba

Un home resultou ferido esta mañá despois de que o arado co que traballaba nunha finca particular lle caese enriba dunha perna. Así o relataron os axentes da Garda Civil que se desprazaron ata ao lugar dos feitos, nada mais ser alertados

O accidente ocorreu sobre as 11:30 horas, no lugar do Toural, en Cualedro (Ourense). A esa hora, un particular indicaba ao 112 Galicia que escoitaba a un home pedir axuda nunha finca, pensaba que podía ter problemas co tractor co que traballaba.

De inmediato, tras recibir a chamada do particular, os xestores do 112 informaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos Bombeiros de Verín. Do mesmo xeito, avisaron á Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Os axentes ao chegar ao punto indicaron que o home non estaba atrapado, os mesmos veciños xa retiraran o aparello agrícola que caera sobre a perna do home.

Debido á importancia das lesións e tras a valoración dos profesionais sanitarios, o helicóptero medicalizado con base en Ourense tamén se desprazou ata o lugar por se fose necesario facer a evacuación do ferido na aeronave.

Foto: (Arquivo)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

quince + doce =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.