Ferrol solicitará a Augas de Galicia que permita camiñar polo paseo da Malata desde esta fin de semana

O concelleiro, que presidiu a comisión de Medio Ambiente, Urbanismo, Servizos, Obras, Seguridade e Contratación, celebrada de forma telemática, anunciou que tamén pedirá á Xunta que aborde o saneamento do Río da Sardiña

O concelleiro de Urbanismo e Infraestructuras, Mobilidade, Vivenda e Rehabilitación, Contratación, Centro de Recursos Informáticos e Organización Interna, Julián Reina, presidiu esta mañá a comisión informativa de Medio Ambiente, Urbanismo, Servizos, Obras, Seguridade e Contratación, que de novo se celebrou de forma telemática. Na sesión, o edil trasladou aos grupos da oposición que vai a solicitar a Augas de Galicia na comisión de seguimento das obras da Malata (cuxa convocatoria pediu el mesmo a semana pasada) que o organismo, dependente da Xunta, permita o paso polo paseo da Malata a partir desta mesma fin de semana. Dita comisión —integrada polo concelleiro, un técnico municipal e dous membros de Augas de Galicia—, vaise celebrar pasado mañá, venres 15 de maio, de forma telemática.

Reina explicou que a vontade do goberno local é “poñer a disposición dos veciños de Ferrol o maior espazo posible” co fin de que poidan gardar a distancia de seguridade mentres camiñan, unha actividade autorizada nos horarios establecidos polo Goberno central. Na actualidade non está permitido camiñar desde o inicio da ponte peonil, polo paseo da Mariña, ata a altura da rotonda da saída da autovía como consecuencia das obras de saneamento. O edil, quen a semana pasada se achegou á obra para comprobar a evolución dos traballos, anunciou que tamén aproveitará dita comisión para solicitar á Xunta que aborde o seu compromiso co saneamento do río da Sardiña.

Xestións respecto aos novos horarios de autobuses 

Na comisión de hoxe o concelleiro tamén deu conta das xestións que está a levar a cabo a consellería de Urbanismo tanto con Alsa, a empresa adxudicataria do servizo de transporte, como coa Xunta de Galicia respecto aos novos horarios dos autobuses urbanos e interurbanos, que entraron en vigor o pasado luns.
Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

11 − cuatro =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.