Gipuzkoa, Bizkaia, Araba e Galiza

Si, por obra e graza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ben poderiamos ser a carta provincia de Euskadi. Probablemente os vascos e vascas non precisan reforzos, pois abóndanse para sacar o seu país adiante e tomar decisións importantes por si mesmos. Pero Feijoo debeu pensar que iso da autoestima e a personalidade  son concetos sobrevalorados, e o que realmente determina o liderazgo e ir a rebufo doutros mandatarios que fan o seu camiño a base de iniciativa propia.

As eleccións do cinco de abril xa viñan convocadas por Íñigo Urkullu, Lehendakari do Goberno Vasco, e houberon de ser suspendidas, como as galegas, pola emerxencia sanitaria do coronavirus. Feijoo fixo saber a través das súas plataformas de información que ardía en desexos de pasar ese trámite, en aras de que os galegos e galegas non suframos angustia vital pensando que cabe a posibilidade de que deixe de ser presidente. Coa epidemia en fase de control, Feijoo xa non precisa louvar a súa xestión diariamente, e non quitou ollo de Ajuria – Enea no canto de ver se alí concretaban unha data. Na mesma tarde na que Urkullu convocou ao seu goberno para tal fin, Feijoo tamén convocou ao seu para informalos de que se faría o que dixesen os vascos. E así chegamos ao doce de xullo, esa data que o presidente da Xunta di que ten o pequeno inconvinte de que haberá moitos turistas poñendo a nosa tranquila Comunidade en perigo, pero desexando ao mesmo tempo que veñan moitos. Malo será non poder ir votar e xa despois que sexa o que deus queira, que finalmente todos estamos nas súas mans.

A oposición amosou o seu descontento por non seren consultados, pero é que Urkullu non se fai responsable das consecuencias de ser un líder que marque a axenda doutros presidentes autonómicos. Feijoo garantiza saúde e, sobre todo, unha campaña electoral máis curta do normal, onde os minutos de exposición mediática terán un claro denominador común:  se lle sobra algo a el, a repartir entre os outros. Despois de todo, sabe que os cidadáns galegos, a diferenza del, non somos tanto de imitar ós vascos á hora de votar.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

12 − ocho =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.