Gómez Reino: “Feijóo está a arriscar a saúde de todas as galegas por puro interese electoral” (Vídeo)

O voceiro de Galicia en Común-Anova Mareas, Antón Gómez Reino, cualificou hoxe de “absoluta irresponsabilidade” a intención do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de convocar eleccións ao Parlamento de Galicia no mes de xullo. “Feijóo está a arriscar a saúde de todas as galegas por puro interese electoral”, dixo.
“Ningún galego, ningunha galega está agora mesmo pensando en eleccións. Estamos centrados en coidarnos, no individual e no colectivo, en ver a familia e en retomar a actividade laboral para enfrontar esta fonda crise económica e social que está a derivar da Covid-19”, asegurou.
Para o voceiro da coalición, “Feijóo e o PP viven alleos ao sufrimento e ao sacrificio da cidadanía galega. Perseveran na súa ambición política e persoal”. “O presidente da Xunta quitou a máscara e a mascarilla, temos un presidente que nunca vai de cara e, unha vez mais, procura o escudo do Goberno vasco e se ampara nel para desenvolver unha estratexia electoral que foi tecendo día tras día durante o confinamento”.
Gómez Reino lamentou que Feijóo e o PP de Galicia leven os máis de dous meses de emerxencia sanitaria empregando os recursos da Administración galega para golpear a outras Administracións e para poñer as súas siglas por riba da saúde e das vidas da poboación.

&;

Galicia en Común-Anova Mareas reitera que porá todas as medidas e ferramentas legais do Estado de Dereito para evitar que as eleccións se celebren se no existen todas as garantías sanitarias e democráticas.
“Agardamos que esta temeridade, esta inmensa irresponsabilidade histórica non teña consecuencias sobre a saúde pública dos cidadáns galegos e que as únicas consecuencias sexan as que Feijóo pague politicamente por acelerar unha eleccións para fuxir das eivas da súa xestión”, concluíu Gómez Reino.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.